martes, 26 de julio de 2011

SAÚL, VIAXE A PONTEVEDRA

O 25 de maio , ao levantarme, almorcei moi rápido para chegar pronto a Veracruz e ir o mais rápido posible ao autobús para chegar a Pontevedra. No viaxe , Anxo é mais eu divertímonos escoitando música no móbil de Xano. Ao chegar a Pontevedra, presentáronnos a unha guía moi simpática que se chamaba Raquel. Ela ensinounos a igrexa da Peregrina, o loro Bico, a historia do loro Rabachol , ao santo con gafas e o museo de Pontevedra. No museo de Pontevedra mandáronnos facer unha ficha. Na primeira sala, tivemos que topar obxectos antigos como espadas, restos de muíños e moitas mais cousas máis. Na segunda sala vimos obxectos de ouro e vimos unha cousa única na península, unha peineta. Despois, tivemos que ir a sala da prata. Alí tivemos que topar un obxecto que quixésemos regalar a un fumador,se quixésemos montar a cabalo e se quixésemos levar algo para a casa. Logo comín un bocadillo de tortilla e fúmonos ao castelo de Soutomaior. Alí vimos a cociña, onde Adrián se ensuciou as mans. Logo vimos os baños e finalmente a terraza. Despois paramos a tomar un xeado e, ao acabar, fúmonos. SAÚL.