martes, 26 de julio de 2011

SAÚL, VIAXE A PONTEVEDRA

O 25 de maio , ao levantarme, almorcei moi rápido para chegar pronto a Veracruz e ir o mais rápido posible ao autobús para chegar a Pontevedra. No viaxe , Anxo é mais eu divertímonos escoitando música no móbil de Xano. Ao chegar a Pontevedra, presentáronnos a unha guía moi simpática que se chamaba Raquel. Ela ensinounos a igrexa da Peregrina, o loro Bico, a historia do loro Rabachol , ao santo con gafas e o museo de Pontevedra. No museo de Pontevedra mandáronnos facer unha ficha. Na primeira sala, tivemos que topar obxectos antigos como espadas, restos de muíños e moitas mais cousas máis. Na segunda sala vimos obxectos de ouro e vimos unha cousa única na península, unha peineta. Despois, tivemos que ir a sala da prata. Alí tivemos que topar un obxecto que quixésemos regalar a un fumador,se quixésemos montar a cabalo e se quixésemos levar algo para a casa. Logo comín un bocadillo de tortilla e fúmonos ao castelo de Soutomaior. Alí vimos a cociña, onde Adrián se ensuciou as mans. Logo vimos os baños e finalmente a terraza. Despois paramos a tomar un xeado e, ao acabar, fúmonos. SAÚL.

lunes, 20 de junio de 2011

Viaxe a Pontevedra María.


O día 25 de maio levanteime moi leda porque ese día, era o día da excursión a Pontevedra. 
Divertinme moito durante todo o día (a viaxe de ida, o tempo que estivemos alí e na viaxe de volta).
Estando alí, recorremos as rúas de Pontevedra, visitamos un museo.
Fomos ao castelo de Soutomaior. Antes de ir ao castelo fomos comer a praia, vimos un montón de igrexas e tamén un loro que facía honor ao loro que está morto: Rabachol.
No museo estivemos nunha sala onde había utensilios de pedra, ouro e prata. Tamén estivemos nunha sala que parecía un barco e moitas cousas máis. 

Despois de comer, fumos ao castelo de Soutomaior onde había nun montón de salas, estivemos nun balcón onde saían as damas a tomar o sol.
Ao saír do castelo fomos a tomar un xeado. No camiño de volta vin moitas paisaxes bonitas, e tamén fixemos eu e a miña compañeira de asento Iara, moitísimas fotos de todos os nenos da clase.
Resumindo: encantoume todo, excepto marcharme de alí.

MARÍA BELLO.

Viaxe a Pontevedra Miguel


O día 25 de maio fomos de excursión a Pontevedra .


Ao chegar unha guía moi simpática chamada Raquel ensinounos o casco antigo de Pontevedra . Vimos escudos, prazas , un loro chamado Bico, igrexas moi importantes e un loro ao que admiraban, por iso enterrárono.
Volvéramos ao autobús no que fomos a unha praia fluvial no río Lérez. No museo déronnos unha ficha para completar, vimos unha colección de restos da prehistoria de toda Galicia e moitísimas cousa máis, pero o que máis gustoume foi a sala naval, saímos do museo e fomos directamente ao autobús, pasamos por Arcade e chegamos a Souto Maior , onde aprendinos moito sobre o castelo e os seus donos .
Vimos un calabozo cun maniquí no seu interior, foi o que máis me gustou do castelo, máis tarde ao acabar a visita, tomamos uns xeados, porque tiñamos moito calor.
Volvimos de novo ao autobús moi cansados, mentres volviamos a Carballiño xogábamos para non aburrirnos, ata que chegamos a casa contentos, porque a excursión fora moi divertida .
Miguel Alonso