O día 25 de maio fomos de excursión a Pontevedra .
Ao chegar unha guía moi simpática chamada Raquel ensinounos o casco antigo de Pontevedra . Vimos escudos, prazas , un loro chamado Bico, igrexas moi importantes e un loro ao que admiraban, por iso enterrárono.
Vimos un calabozo cun maniquí no seu interior, foi o que máis me gustou do castelo, máis tarde ao acabar a visita, tomamos uns xeados, porque tiñamos moito calor.
Volvimos de novo ao autobús moi cansados, mentres volviamos a Carballiño xogábamos para non aburrirnos, ata que chegamos a casa contentos, porque a excursión fora moi divertida .
Miguel Alonso
No hay comentarios:
Publicar un comentario